Finalidade
Permitir que Mesón O Galo coñeza e probe o deseño, os contidos e as ferramentas preparadas para o seu negocio.
Uso autorizado
Autorízase a visualización e proba privada para valorar unha posible colaboración. Non se autoriza a reprodución, adaptación, entrega a terceiros, extracción do código nin o encargo dunha copia baseada nesta proposta sen permiso escrito de MR0.
A entrega de arquivos, os dereitos de uso, a publicación e o mantemento serán obxecto dun acordo posterior.
